viernes, 4 de diciembre de 2009

As nosas espiñas ( a foto.... non a merece )


" As cousas no seu sitio "
A ti , que con notoriedade intendcionada penetras nas nosas casas de cando en cando, pegado nas páxinas dos xornais e asomas para dicirnos con descaro que " temos un concello verde "

A ti..., dedícoche estas notas coas que tan só pretendo reflexar a realidade da túa desmesura e en ningún caso, causarche flatulencias ou desánimo.
A ti quero axudarte e..., anímote.
Anímote a que contes aos ordenses a próxima vez que merquémola prensa e entres nas nosas casas estampado nela ; cantos xardíns fixeches e cantos vas facer ; cantos espazos verdes e alamedas tés pensado deixarnos cando remate o teu goberno e canto cemento e formigón votarás no seu firme porque así se constrúe Naturaleza.
Dinos, cantos trámites e xestións fixeches para solicitala famosa bandeira verde para Ordes, como concello que protexe o medio ambiente. ¿Qué informes enviaches para conseguila bandeiriña?.
Tal vez esqueciches a “granxa do Piñeiro , xustiño no centro da urbe, pegadiña a edificios e casas de veciños, coas vacas e os silos que dun xeito enxebre danlle cor verde ao concello” ou ¿Será que no lles contaches iso os que nos deron a tan desexada bandeira ?
De todos é sabido, que de cando en cando, fálasnos de contenedores, compostaxe , reciclaxe , pero ... ¿ e os plásticos? ¿ que nos dis dos plásticos? Tamén os esqueces como a granxa.. como o vertedoiro de Areosa…. como Sogama e as súas subvencións que tanto e tanto beneficio reportaron na creación de xardíns e espazos naturais o ano pasado , e... mentres..., se encementa a alameda no centro do núcleo urbano para facela mais sostible ou coma a residencia da terceira idade na que témolo paseo verde pola beirarrúa. Núcleos de poboación sen saneamento algún, contenedores para separalo lixo que os levaron para limpar e non volveron as aldeas; puntos limpos para as cisternas de xurro en parroquias tan gandeiras como Lesta, Vilamaior ou Barbeiros.
Tantas e tantas cousas esqueciches que de arbitralo concello o árbitro do Real Madrid-Barcelona, ata él sacaríache a tarxeta roxa, pero na prensa pretendes facernos ver que somos o concello que mais fai polo medio ambiente e eu dígoche que a igual poboación, calquera concello galego nos avantaxa en xardíns, espazos naturais e verdor de bandeira.
E... é que temos un concello verde.. verde.
Un concello que rezuma frescor , limpeza e naturaleza grazas as xestións de quen se escuda na pataca minuta e esquece os grandes problemas dos núcleos urbanos.
Ai Xesús Xesús Xesús....!!! “ te rezaría el Jesusito de mi vida fuiste niño como yo, por eso te quiero tanto y NO TE DOY MI CORAZÓN” menos aínda as miñas flores porque esqueces as prioridades e proclámaste o rei do compostaxe, coas bolsas de lixo reciclables, os contenedores e agora tamén as bolsiñas de papel, deixándonos os silos no núcleo urbano, sen que teñas o valor de facerlle fronte e buscarlle unha solución axeitada.
Está ben o que fas, pero é pouco..ou mellor dito , nada. Pouco porque pouco é o escaso resultado si o comparamos coa publicidade que lle das na prensa. E nada porque nada fixeches para cambeala imaxen e os problemas da cidade onde vivimos. Seguro que os que che deron a bandeira verde si coñeceran Ordes non terían ningunha dubida en sacarche a tarxeta roxa se queren seguir sendo bos árbitros da Naturaleza e da sostenibilidade.
Ai ai, ai.. aiiiiiiiii Xesusiño da miña vida. Non por saír na foto se gaña o voto senón por facer fronte os verdadeiros problemas que ti ben coñeces e mellor aínda escorres.
Premios e halagos que amosas nos xornais cunha clara intención de figurar pero resulta cansino e ata ti mesmo o sabes e por iso agora anunciaches unhas charlas informativas sobre as drogas. Por elo quero felicitarche pero... ¿non crees que acordas un pouco tarde ? , case cando remata a lexislatura. ¿Qué fixeches nese campo ao longo destes anos pasados? ¿Cantos xovenes con problemas han estado nos talleres ocupacionais ou cantos atoparon traballo para saír da calle? Algún deles traballa no punto limpo ? ¡ Charlas informativas ocasionais....!
Queridiño xesús, nese campo ten que se traballar diariamente para ter resultados e non cunha charla cada dous anos e medio como fiseches.
Certo é, que Ordes goza de preciosos paisaxes naturais, terras e espazos verdes, pero todos eles no rural e en ningún caso mérito do concelleiro que ilustrando na prensa se arroupa con galardóns escasamente merecidos na nosa opinión.
Certo é, que temos verde porque os nosos campos sonche verdes xesús , como verde é o noso país galego pero non se debe aos teus actos. Dariámosche unha medalla , a bandeira, e ata un sombreiro verde tamén si fixeras fronte aos problemas serios do noso medio ambiente e os fillos dos ordenses medren correteando por espazos abertos, naturais e alamedas naturais.Non obstante son consciente do teu intento por ascender a unha división de honor saíndo cas bolsas, compostaxes e reciclaxes na prensa.Mais atópome cansado porque é cansino; así qué ...., saltareime a páxina da voz cada vez que te vexa nela.


Onte, cenei cuns amigos e entre conto e conto acordámonos de ti e pasámolo ben.
Unhas cantas bandexas de xurelos fixeron de segundo prato é curiosamente todos..., deixámolas espiñas.
Tróuxenas nunha bolsiña de papel e aínda que o meu gato se quede sen cea.....

Daríachas a ti, porque ti... as mereces.


Fdo.: Tsaci

GALICIA RECOLOCA A PARADOS DEL TEXTIL COMO ASISTENTES SOCIALES.


OS TRABALLADORES GALEGOS despedidos da industria téxtil son os primeiros parados galegos que optan as axudas que concede a UNIÓN EUROPEA para reubicar os afectados pola deslocalización industrial.
Na actualidade estase tramitando a petición Fondos de Adaptación a Globalización para os 500 primeiros beneficiarios dun colectivo profesional que xa suma máis de 2.000 desempregados, la maioría mulleres.

Según La Voz de Galicia, “O feito de que unha gran parte da man de obra afectada sexa feminina é o principal argumento o que recorre la comisión encargada de redactar la solicitude de axudas a Bruxelas para presentar un plan de emprego que prevé a utilización dos fondos comunitarios en formación para a súa posterior recolocación en traballos relacionados coa asistencia social que se xenaren ca progresiva aplicación en Galicia de la Lei de Dependencia”.

Bruxelas esixe que a axuda obtida (hasta 5.000 euros por traballador) debe destinarse a cursos de orientación, preparación para novas carreiras profesionais, formación xeneral e específica, apoio a equipos especializados e incentivos a búsqueda activa de emprego, e a reintegración laboral que permitan que as vítimas da deslocalización téxtil se reincorporen o mercado de traballo mediante axudas comunitarias compatibles cos subsidios nacionais de desempleo.

Para acceder a estes fondos, la UE impone como requisito un mínimo de mil despedidos en total de un sector de una o más comunidades autónomas limítrofes.

DENDE NOVA ALTERNATIVA, INSTAREMOS O GOBERNO LOCAL, DE QUE ESTÉ PENDENTE EN ESTE TEMA DE MÁXIMA ACTUALIDADE E QUE AFECTARÁ A UN NUMERO IMPORTANTE DE VECIÑOS DE ORDES.

sistema financieiro galego.

Ante as dificultades que están a xurdir na aplicación en Galicia do proceso de concentración das caixas de aforro, os grupos políticos do PPdG e BNG, as tres centrais sindicais maioritarias, asi como a CEG suscribiron un documento no que expresa a súa preocupación polo futuro do sistema financeiro galego.

O manifesto, titulado Galicia ten dereito, realiza un chamamento para que a entidade resultante do proceso de fusión manteña a súa "galeguidade". Con esta iniciativa preténdese, ademais, rexeitar calquera proceso de "deslocalización" do seu principal instrumento financeiro, cuxo funcionamento debe "servir de alavanca do desenvolvemento da economía produtiva do país", recalca o documento.

MODIFICACION DAS ORDENANZAS FISCAIS - PLENO NOVEMBRO 08


JUAN SIMÓN TORRE EXPOSITO.

No informe e proposta da Alcaldía para xustificala subida das tasas e impostos, se desvela que non recibiron do estado o esperado para facer fronte a un presuposto que por encima o noso parecer non cubría as necesidades importantes dos veciños. E recoñecese tamén que “ a situación económica no mercado inmobiliario fará que os ingresos derivados sexan Moi INFERIORES aos de exercicios anteriores “

Nova Alternativa xa avisou deso ao Goberno cando presentou os presupostos ( Maio 2008) e non nos fixeron caso. Agora chegan os remendos e mais os plenos extraordinarios para subilos IMPOSTOS aos veciños.( subidos por ultima vez el 29-Octubre-2007) por certo , pleno que costa aos veciños .........

Os tributos como todo, deben ser actualizados e revisados cada ano, segun o IPC, e non como se fixo neste concello incrementados o 50% o ano pasado. ( o IBE rústico paso dun 0.30 a un 0.46 osea un 53%) pero as situacións economizas que vivimos e mais aínda, as que se aveciñan nos alarman ante o aumento do paro e a recesión económica dos vindeiros anos, e polo tanto NOVA ALTERNATIVA cree que non é presentable unha subida novamente dos impostos cando as familias perden poder adquisitivo e moitas delas necesitaran axudas para chegar a fin de mes.


Polo tanto NOS apoiariamos unha CONXELACIÓN DOS IMPOSTOS e que o goberno faga un axuste económico presentando medidas de aforro en todo aquelo que sexa posible. Logo podo darlles ideas si é que vostedes non as teñen.

Exemplo: Nos Informes Tecnico-Económicos para modificación das ordenanzas fiscais se nos amosan :

Piscina Mao aire Libre arroxaría un Déficit 54. 714´84€
Escolas Deportivas arroxarían un Déficit de 66. 069´65€
Recollida de Lixo arroxaría un Déficit de 183. 767´96 €

Escola da Musica arroxaría un Déficit de 20. 683´80 euros
_________________

TOTAL = 325. 236´25 euros
( Unas 54,114.758´69 pesetas)

**** si se gastaron 18 mil euros nunha festa e nunha noite e tiñan un déficit de 20 mil euros na escola da musica , non ten moito sentido a súa xestión económica , ou cando menos non ten sentido para nos “

En Xeral soben o IPC aínda que en moitas das ordenanzas dita subida supera en moito o IPC. E en outras non as vemos correctamente reguladas.


Fálese da Ordenanza fiscal numero 1: do imposto sobre bens inmobles:

A Subida é do IPC, ( antes 0.46% agora 0.48% total un incremento dun 4´34% )
Añaden vostedes un novo apartado ao artigo numero 6 sobre BONIFICACIÓNS : “ Os titulares de familia numerosa gozaran duna bonificación do 10 % ou 15% ( segundo sexa a categoría xeral ou especial),
Parécenos pouca dita bonificación e máis cando a bonificación na cota do imposto os inmobles que constitúan o obxecto da actividade das empresas de urbanización, construcción e promoción inmobiliaria é dun 50% , Empresas que teñen uns beneficios e ingresos mentres que as familias numerosas tan solo teñen facturas e dificultades para chegar o fin do mes.

A ORDENANZA fiscal numero 2 reguladora do imposto de Actividades Económicas:
No Artigo 3:
Antes non se lle aplicaba o “ coeficiente de situación “
Agora, aplicarán unha escala de coeficientes que ponderan a situación física do local do termo municipal atendendo á categoría da Rúa, e si dá a dúas rúas lle aplicaran o coeficiente que corresponde á vía de categoría superior.
Ben é certo que danlle unha bonificación do 50% nos primeiros 5 anos de inicio da actividade.


A ORDENANZA fiscal nº3 reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica
No artigo 4 : a cota tributaria experimenta un incremento cun coeficiente que antes se atopaba nun 1´20% agora pasara a 1´30% un incremento o que supón unha media de 4 a 5 euros.


A ORDENANZA fiscal nº 4 reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras :

No artigo 4 A cota do imposto será o resultado de aplicar a base impoñible o tipo de gravame do 2´6% , e antes atopábase no 2´5%.


O modulo básico por cada metro cadrado de edificación pasa de 426 euros a 470 euros.

Subir los impostos as construccións non e a mellor forma de brindarlles apoio nun momento no que si non se constrúe aumentara o índice do paro.

A ORDENANZA fiscal nº 8 reguladora da taxa por instalación en terreo de uso publico local de postos, barracas de venda, espectáculos, atraccións etc...
En xeral incrementase un 4´5% osea o IPC

********A ORDENANZA fiscal nº17 reguladora da taxa de recollida de lixo:
Se incrementou na anterior revisión das tasas nun 3%
***Agora fan un incremento que chega ata un 15´38% nunha vivenda normal.
E no caso de hoteis, e pensións ata un 25% e 30%
Aquí parecíalles pouco subida o IPC e aínda así o balance total arroxa DÉFICIT.

***** A ORDENANZA fiscal nº28 reguladora da taxa pola prestación dos servizos de ensino na escola municipal de música:

antes: 60 euros
agora: 62´70 euros

INCREMENTO DEL 4´5%


***** Non contemplan nin a situación de familias especiais como as familias numerosas que teñan fillos que queiran estudiar na escola da musica ou as familias con membros discapacitados que de por si les ocasionan enormes gastos.

Resumindo.

Tratase duna subida xeral dos impostos nun momento no que a situación económica das familias vai sufrir as consecuencias da crise económica e que o Goberno do noso concello non tivo na conta no momento dos presupostos baseando ditos presupostos en ESTIMACIÓNS DE INGRESOS QUE AGORA NON LLE SALEN AS CONTAS. PERO DO QUE NOVA ALTERNATIVA ADVERTIULLES NO SEU MOMENTO.
SIGAN VOSTEDES FACENDO FESTAS PORQUE ESO SI E UNHA MEDIDA POPULISTA E NON SUBIR OS IMPOSTOS.




RECORDAMOS A TÓDOLOS VECIÑOS, QUE ESTAS ORDENANZAS FORON INCREMENTADAS NO 2007 EN ALGUNS CASOS ATA O 50%


PROPOSTA DA ALCALDÍA, PARA A Modificación de ordenanzas fiscais.

O artigo 142 da Constitución Española sinala que as facendas locais deberán dispoñer dos medios suficientes para o desempeño das funcións que a Lei atribúe ás Corporacións respectivas e se nutrirán fundamentalmente de tributos propios e de participación nos do Estado e das Comunidades Autónomas.

As funcións que a Lei atribúe aos municipios recóllense, fundamentalmente, nos artigos 25 e seguintes da Lei 7/1985, de 2 de abril. reguladora das bases do réxime local, e 80 e seguintes da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia.

Corno administracións máis próximas aos/ás cidadáns/ás os Concellos veñen asumindo día a maiores competencias e uns niveis de servizos que exceden dos que a normativa vixente atribúe aos mesmos, nuns casos por propia iniciativa (co ánimo de proporcionarlle a veciñanza, os maiores niveis de benestar posible) e outros que lles veñen sendo case que impostas por outras Administracións.

É así que unha boa parte dos recursos cos que canta a Administración local dedícanse e ao financiamento de servizos que non son da súa exclusiva competencia.,

Corno contestación ás demandas da FEMP e a FEGAMP ao financiamento local vense sinalando por outras administracións o concepto de “corresponsabilidade fiscal” , no senso de que as administracións locais teñen diversas potestades normativas en relación aos seus tributos.

Visto que no proxecto de orzamentos xerais do Estado a Participación nos TRIBUTOS DO MESMO, o incremento sitúase só 1% respecto o ano anterior, e isto grazas á liquidación definitiva de exercicios anteriores, senón sería negativa nun 3,5%) e que a situación económica no mercado mobiliario que fará que os ingresos derivados de conceptos que se nutren do mesmo sexan moi inferiores aos exercicios anteriores, cómpre acudir á sinalada corresponsabilidade fiscal para poder facer fronte os gastos que se prevén no vindeiro exercicio.

Así mesmo, no plan económico financeiro aprobado por esta Corporación. recollíanse medidas a tomar nos exercicios sucesivos.

Tendo en conta o anteriormente sinalado, co ánimo posto na diminución no posible dos gastos menos necesarios, pero sen que afecten ao nivel de prestacións aos/ás veciños/as, é un feito indubidable que, nun exercicio de responsabilidade, debernos propoñer a modificación das distintas figuras tributarias no noso concello , aínda a sabendas de que pode ser unha medida impopular.

En xeral actualízanse as tarifas NO IPC ( 4,5%).
COMO EXPLICAMOS A INTERVENCION DO CONCELLEIRO JUAN SIMON TORRE, ESTO NON E CERTO.. INCREMENTASE EN ALGUNS CASOS ATA O 100% NA RECOLLIDA DE LIXO DE CERTOS ESTABLECEMENTOS.