" As cousas no seu sitio "
A ti , que con notoriedade intendcionada penetras nas nosas casas de cando en cando, pegado nas páxinas dos xornais e asomas para dicirnos con descaro que " temos un concello verde "
A ti..., dedícoche estas notas coas que tan só pretendo reflexar a realidade da túa desmesura e en ningún caso, causarche flatulencias ou desánimo.
A ti quero axudarte e..., anímote.
Anímote a que contes aos ordenses a próxima vez que merquémola prensa e entres nas nosas casas estampado nela ; cantos xardíns fixeches e cantos vas facer ; cantos espazos verdes e alamedas tés pensado deixarnos cando remate o teu goberno e canto cemento e formigón votarás no seu firme porque así se constrúe Naturaleza.
Dinos, cantos trámites e xestións fixeches para solicitala famosa bandeira verde para Ordes, como concello que protexe o medio ambiente. ¿Qué informes enviaches para conseguila bandeiriña?.
Tal vez esqueciches a “granxa do Piñeiro , xustiño no centro da urbe, pegadiña a edificios e casas de veciños, coas vacas e os silos que dun xeito enxebre danlle cor verde ao concello” ou ¿Será que no lles contaches iso os que nos deron a tan desexada bandeira ?
De todos é sabido, que de cando en cando, fálasnos de contenedores, compostaxe , reciclaxe , pero ... ¿ e os plásticos? ¿ que nos dis dos plásticos? Tamén os esqueces como a granxa.. como o vertedoiro de Areosa…. como Sogama e as súas subvencións que tanto e tanto beneficio reportaron na creación de xardíns e espazos naturais o ano pasado , e... mentres..., se encementa a alameda no centro do núcleo urbano para facela mais sostible ou coma a residencia da terceira idade na que témolo paseo verde pola beirarrúa. Núcleos de poboación sen saneamento algún, contenedores para separalo lixo que os levaron para limpar e non volveron as aldeas; puntos limpos para as cisternas de xurro en parroquias tan gandeiras como Lesta, Vilamaior ou Barbeiros.
Tantas e tantas cousas esqueciches que de arbitralo concello o árbitro do Real Madrid-Barcelona, ata él sacaríache a tarxeta roxa, pero na prensa pretendes facernos ver que somos o concello que mais fai polo medio ambiente e eu dígoche que a igual poboación, calquera concello galego nos avantaxa en xardíns, espazos naturais e verdor de bandeira.
E... é que temos un concello verde.. verde.
Un concello que rezuma frescor , limpeza e naturaleza grazas as xestións de quen se escuda na pataca minuta e esquece os grandes problemas dos núcleos urbanos.
Ai Xesús Xesús Xesús....!!! “ te rezaría el Jesusito de mi vida fuiste niño como yo, por eso te quiero tanto y NO TE DOY MI CORAZÓN” menos aínda as miñas flores porque esqueces as prioridades e proclámaste o rei do compostaxe, coas bolsas de lixo reciclables, os contenedores e agora tamén as bolsiñas de papel, deixándonos os silos no núcleo urbano, sen que teñas o valor de facerlle fronte e buscarlle unha solución axeitada.
Está ben o que fas, pero é pouco..ou mellor dito , nada. Pouco porque pouco é o escaso resultado si o comparamos coa publicidade que lle das na prensa. E nada porque nada fixeches para cambeala imaxen e os problemas da cidade onde vivimos. Seguro que os que che deron a bandeira verde si coñeceran Ordes non terían ningunha dubida en sacarche a tarxeta roxa se queren seguir sendo bos árbitros da Naturaleza e da sostenibilidade.
Ai ai, ai.. aiiiiiiiii Xesusiño da miña vida. Non por saír na foto se gaña o voto senón por facer fronte os verdadeiros problemas que ti ben coñeces e mellor aínda escorres.
Premios e halagos que amosas nos xornais cunha clara intención de figurar pero resulta cansino e ata ti mesmo o sabes e por iso agora anunciaches unhas charlas informativas sobre as drogas. Por elo quero felicitarche pero... ¿non crees que acordas un pouco tarde ? , case cando remata a lexislatura. ¿Qué fixeches nese campo ao longo destes anos pasados? ¿Cantos xovenes con problemas han estado nos talleres ocupacionais ou cantos atoparon traballo para saír da calle? Algún deles traballa no punto limpo ? ¡ Charlas informativas ocasionais....!
Premios e halagos que amosas nos xornais cunha clara intención de figurar pero resulta cansino e ata ti mesmo o sabes e por iso agora anunciaches unhas charlas informativas sobre as drogas. Por elo quero felicitarche pero... ¿non crees que acordas un pouco tarde ? , case cando remata a lexislatura. ¿Qué fixeches nese campo ao longo destes anos pasados? ¿Cantos xovenes con problemas han estado nos talleres ocupacionais ou cantos atoparon traballo para saír da calle? Algún deles traballa no punto limpo ? ¡ Charlas informativas ocasionais....!
Queridiño xesús, nese campo ten que se traballar diariamente para ter resultados e non cunha charla cada dous anos e medio como fiseches.
Certo é, que Ordes goza de preciosos paisaxes naturais, terras e espazos verdes, pero todos eles no rural e en ningún caso mérito do concelleiro que ilustrando na prensa se arroupa con galardóns escasamente merecidos na nosa opinión.
Certo é, que temos verde porque os nosos campos sonche verdes xesús , como verde é o noso país galego pero non se debe aos teus actos. Dariámosche unha medalla , a bandeira, e ata un sombreiro verde tamén si fixeras fronte aos problemas serios do noso medio ambiente e os fillos dos ordenses medren correteando por espazos abertos, naturais e alamedas naturais.Non obstante son consciente do teu intento por ascender a unha división de honor saíndo cas bolsas, compostaxes e reciclaxes na prensa.Mais atópome cansado porque é cansino; así qué ...., saltareime a páxina da voz cada vez que te vexa nela.
Onte, cenei cuns amigos e entre conto e conto acordámonos de ti e pasámolo ben.
Unhas cantas bandexas de xurelos fixeron de segundo prato é curiosamente todos..., deixámolas espiñas.
Tróuxenas nunha bolsiña de papel e aínda que o meu gato se quede sen cea.....
Daríachas a ti, porque ti... as mereces.
Fdo.: Tsaci
No hay comentarios:
Publicar un comentario